XI Edición "Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños", 22 de Abril de 2012




ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA XI EDICIÓN DOS NOSOS FARIÑEIROS, BURROS E MUIÑOS

Eran as 10:30 h, cando nunha fermosa mañá deste domingo  de primaveira do presente an,o escomezaba a XI Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos en Pazos de Reis en Tui. Alí podíase apreciar xa que esta edición sería especial, pola cantidade de xente que se daba cita, que, cas súas pancartas, vestidos de muiñeiros/as, escomenzaban a amenizar esta XI Edición cos seus cantos.

Mentres, no muiño da ponte, todo estaba xa preparado, gracias a tódalas persoas, veciños deste entorno e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos,  Angustias, Irma, Olga, Juan, Carmen e demais persoas, que dende as sete da mañá non pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saira a perfección; elas dedicadas as labouras da cociña, preparando as papas, bica, chourizos, etc… e eles cos demais traballos para que todo estivera perfecto.

E queremos destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de organización. Por parte da organización cóntase en mais dun millar de persoas as que participacron nesta XI edición, acercándose as inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no que pudieron disfrutar dun día fermoso cheo de naturaza.

Primeiro tocaba degustar as papas de millo para quentalo corpo, mentras se observaba como Alberto “Romer” nos obsequiaba cunha demostración de cómo funcionaban os muiños ,  mentres se escoltaba as actuacións do grupos folclóricos Muiñeiros do Río Tripes, xa típicos desta romaria, e que tamén estiveron acompañdos pola Xeración do Chupito da Asociación Virxe do Alivio de Tomiño e “os artistas” da Troboada Fonte do Frade de Goián, todo eles con espectaculares actuación que fixeron as delicias dos asistentes e cos animaron a bailes e mais bailes.  Tamén  tivo lugar coma outros anos o concurso do mellor traxe de muiñeiro@, partida de brisca, e coma novedad este ano, o concurso de dibuxo.

Xa perto do mediodía tódolos alí presentes deron bo recado dos chourizos, e panceta a brasa que xunto coa bica e pan de millo, acompañado en todo momento co viño da casa. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos diferentes concursos o largo deste día.

Dende a Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu esforzo, pudieron facer que esta edición se poidera levar a cabo,   o Concello de Tui, a Mancomunidad de Montes de Randufe, A Entidad Menor de Pazos de Reis, as casas comerciais, grupos folclóricos existentes coma os Muiñeiros do Río Tripes, A Xeración do Chupito da Asociación Virxe do Alivio de Tomiño e a Trovoada Fonte do Frade de Goián, e medios de comunicación,  prensa e a reporteira fotográfica, Belén Romero Castiñeira.














SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023