Asociación cultural Muiñeiros do Río Tripes Espazos para compartir a vida Alberto Romer ( La Voz de Galicia)


OPINIÓNAsociación cultural Muiñeiros do Río TripesEspazos para compartir a vida

Alberto Romer
 
15/12/201115/12/2011
  • (0 votos)
En todo o municipio de Tui habería máis de cen muíños dispersos polas parroquias pero a contaminación, a falta de mantemento e edificacións posteriores reduciron o catálogo a menos da metade. ¿Pero onde hai en Galicia outro conxunto de muíños a traballar facendo fariña como os seis do río Tripes?
É un conxunto único e peculiar polo que levamos traballando na asociación cultural Muíños do río Tripes oito anos. No seu cauce quédannos uns vintecinco muíños de auga dunha antigüidade media de 250 anos, e algún resto de construción datado no 1747. O que hoxe se reinaugura, o Fuchaco Pequeno, ha ter tamén máis de cento cincuenta anos, a súa rehabilitación é fidedigna e é o sétimo a moer de Tui. Hai case medio século que estes inxenios deixaran de traballar porque quedaron no olvido coa chegada da electricidade e a marcha dos emigrantes que tiveron que buscar futuro fóra.
Pero aínda hai moito que facer si se consiguen os medios. Eu recuperei un só, o da Devesa de Abaixo, en Randufe e agora temos por diante refacer e asegurar catro estructuras, aínda que sen tellado, na parte máis bonita do río Tripes, para completar a ruta. Eu son un namorado deste patrimonio, sempre me gustou. Ía de neno coa finada da miña nai que me levaba para que aprendera e se moía cada oito días, para facer, papas, petelos de pan de millo e manter o gando. Máis de medio millar de escolares comeron papas o ano pasado nos muíños do Tripes, veñen excursións de toda España e grupos de extranxeiros. É o patrimonio a recuperar; espazos nos que ademáis se comparte a vida; como foi.

SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023