XI edición de “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” (Galiciasuroeste.info)

16/04/2012
   
    
Os nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
    
O domingo 22 de abril celébrase a XI edición de “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”


            O próximo domingo, 22 de abril, terá lugar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, organizada pola Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” que, coma en anos anteriores, terá lugar a carón do Muíño da Ponte, lugar que se encontra dentro do sendeiro dos muíños do Río Tripes. Como novidade desta edición, as obras realizadas permitiron ampliar e mellorar o recinto onde cada ano se celebra esta festa, e que gracias á colaboración económica do Concello de Tui e da Comunidade de Montes de Randufe foi posible habilitar.
            Como en anos anteriores programáronse un amplo conxunto de actividades que terán o seu comenzo ás 10.30 horas coa a saída dende o parque de Circos, en Pazos de Reis, ata o Muíño da Ponte. Posteriormente tódolos presentes poderán degustar as tradicionais papas de millo e coñecer coas explicacións do artista Alberto Romer, as partes que compoñen un muíño, saber como os nosos antepasados utilizaban estes medios para os seus labores, e grazas ao esforzo que a Asociación “Muiñeiros do río Tripes” que preside Romer, disfrutar deste entorno no que as xestións que realiza este colectivo teñen como obxectivo a rehabilitación do maior número de muiños posibles e do sendeiro en xeral, para lograr que esta contorna  sexa un lugar de referencia para o turismo da comarca.
            Despois das papas, virán as castañas, a bica e os típicos xogos tradicionais, tute, brisca e carreira de sacos, por citar algúns. Preto das 14.00 horas, procederase a degustar unha chourizada, acompañada dun viño do país, e todo ofrecido de valde para tódalas persoas que decidan disfrutar esta fermosa contorna do “Sendeiro do Rio Tripes” a carón do Parque Natural do Monte Aloia. E para finalizar entregaranse os premios e agasallos a tódolos participantes nas actividades.
            Tamén resaltan, desde a organización, que esta romaría estará amenizada en todo momento polo grupo folclórico “Muiñeiros do Río Tripes”, coas súas cancións típicas tradicionais galegas, pero cun “toque persoal” que sen dúbida, non pasará desapercibido para ninguén.
            Para finalizar animan a tódalas persoas, a que o domingo, 22 de abril, se animen a achegarse ó sendeiro do río Tripes para celebrar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, rodeados de natureza e dunha fermosa paraxe ó carón do parque natural do Monte Aloia.











SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023