X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños (galiciasuroeste.info)

05/04/2011
   
    
X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
Reportaxe: Gemma Álvarez, Alejandro e Sergio López



Éxito de participación na X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños
Eran as 10:30 horas, cando nunha fermosa mañá do primeiro domingo desta primaveira comezaba a X Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos, en Pazos de Reis, en Tui. Alí podíase apreciar xa que esta edición sería especial, pola cantidade de xente que se deu cita, que, coas súas pancartas, vestidos de muiñeiros/as, comezaban a amenizar esta X Edición cos seus cantos.
Mentres, no Muiño da Ponte todo estaba xa preparado, gracias a tódalas persoas, veciños deste entorno e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos,  Angustias, Irma, Olga e demais persoas que dende as sete da mañá non pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saíse a perfección; elas dedicadas os labores da cociña, preparando as papas, bica e chourizos; e eles as castañas, e demais traballos para que todo estivese perfecto. Ademais nesta X Edición estreábase un novo palco, despois das obras realizadas este ano.
Queremos destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de organización. Era a primeira vez que esta romaría se celebraba na primavera, cando dende o seu comenzo sempre tivo lugar no outono. Centos de persoas ían acercándose ás inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no que pudieron disfrutar dun día fermoso en contacto coa natureza.
Primeiro tocaba degustar as papas de millo para quentalo corpo, mentras se observaba como Alberto “Romer” nos obsequiaba cunha demostración de como funcionaban os muiños da Devesa. Despois  viñeron as castañas e o viño do país, mentres se escoltaba a actuación do grupo folclórico Muiñeiros do Río Tripes. Deseguido  tocou o turno para as  carreiras de sacos e outros xogos populares para os máis  cativos. Tamén  tivo lugar, coma outros anos, o concurso do mellor traxe de muiñeiro e muiñeira, partida de brisca e outros xogos e actividades.
Xa preto do mediodía tódolos alí presentes deron bo recado dos chourizos á brasa xunto coa bica e pan de millo. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos diferentes concursos celebrados ao largo deste día.
Dende a Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu esforzo, pudieron facer que esta edición se poidese levar a cabo, ao Concello de Tui, a Mancomunidade de Montes de Randufe e Entidad Menor de Pazos de Reis, as casas comerciais,  medios de comunicación, prensa,  facendo especial mención a Antón Ferreira de www.galiciasuroeste.info e os reporteiros fotográficos, Genma Álvarez e Alejandro e Sergio López.


















http://www.galiciasuroeste.info/reportaxes2010/burros.htm

SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023