ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2024
O venres 23 de febreiro de 2024, ás 20:00, celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria 2024 no Salón de Actos da Casa Cultural de Randufe.
Tal e como fixaba a orde do día:
- Leuse a Acta anterior, correspondente á Asemblea Xeral Ordinaria de 2023.
- Fíxose repaso das actividades realizadas en 2023, e con elas, presentouse o Balance económico e Contas do 2023.
- Expúxose o Plan de Actividades para realizar ao longo de 2024.
- Presentouse o Orzamento para 2024.
- Analizouse a situación da masa social.
- Atendeuse aos rogos e preguntas expostos polos socios asistentes.
Tódolos puntos da orde do día resultaron aprobados.
Recórdase que tódolas/os socias/os teñen acceso ás Contas, Orzamentos e Plans de Actividades da Asociación, en todo momento, contactando coa Xunta Directiva por calquera das nosas vías de comunicación.
Agradecemento a tódolas persoas que integran a Asociación!!!