RUTA NOCTURNA: LENDAS AO SOLPOR NOS MUÍÑOS DO TRIPES
O vindeiro sábado 25 de setembro, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, organiza unha ruta nocturna pola senda dos muíños do río Tripes, camiñando entre as sombras e reflexos do solpor por corredoiras e recunchos naturais.
O son da auga na escuridade e os reflexos da luz nas fervenzas que saltan os leitos do río, a luz do candil dos muíños no medio da noite, son algunhas das cousas que pode gozar o camiñante en compañía dun guía que contará algunha lenda deses muíños e eses lugares naturais.
Para a realización da actividade é preciso inscribirse no seguinte formulario, pagar a cota de inscrición, levar unha lanterna e recoméndase levar calzado cómodo.
Esta actividade organízase cumprindo a normativa sanitaria. Atendendo aos protocolos e recomendacións Covid-19. Polo que establécese un número limitado de prazas, o uso da máscara, hixiene de mans e o distanciamento social.
O punto de encontro está establecido na Área recreativa de Circos – Pazos de Reis.
A saída será ás 21:00 horas, con regreso previsto 00:00 horas.
Distancia aproximada de 4 km.
Ao remate, no lugar da Ponte, haberá chocolate con rosca e cunca de agasallo para tódolos participantes.
Data límite de inscrición: venres 24 ás 16:00 h.
Cota 5 €
O pago formalizarase no punto de encontro dende as 20 h.
Máis información e consultas: muineirosdotripes@gmail.com / 653 632 360