NOVA DATA PARA A RUTA NOCTURNA "LENDAS AO SOLPOR NOS MUÍÑOS DO TRIPES"

 

Trala decisión do aprazamento desta actividade, que estaba prevista para o 25 de setembro, tomamos a decisión de celebrala o vindeiro sábado, 2 de outubro.

As previsións meteorolóxicas e as condicións de seguridade e comodidade dos asistentes á ruta fixeronnos tomar esta decisión, en aras de acadar un mellor aproveitamento e desfrute desta actividade.

Grazas á boa acollida que tivo esta iniciativa o número de prazas dispoñibles foi cuberto en apenas 2 días, por tanto, mantemos o listado de inscritos para esta nova data. No caso de que alguén non poida asistir neste día, rogámoslle que nolo comunique para dar cabida a outros interesados.

Os demáis aspectos da actividade mantéñense tal e como foron anunciados:

  • Cumprimento da normativa sanitaria. Atendendo aos protocolos e recomendacións Covid-19. Polo que establécese un número limitado de prazas, o uso da máscara, hixiene de mans e o distanciamento social.
  •  A saída será ás 21:00 horas, con regreso previsto 00:00 horas.

  • Distancia aproximada de 4 km.
  • Ao remate, no lugar da Ponte, haberá chocolate con rosca e cunca de agasallo para tódolos participantes.

  • Cota 5 € que se fará efectiva no punto de encontro dende as 20 h.

 

Máis información e consultas: muineirosdotripes@gmail.com  /  653 632 360

SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023