"Este domingo celébranse as III Xornadas de Muiñadas no Tripes" (www.galiciasuoreste.info)


Venres, 19 de abril de 2013  
Este domingo celébranse as III Xornadas de Muiñadas no Tripes
Este domingo, 21 de abril, celébranse as terceiras Xornadas de Muíñas do Tripes organizadas pola Asociación Cultural “Muiñeiros do río Tripes”.

Pola mañá de 10 a 13h e pola tarde de 16 a 19h haberá demostración teórica e práctica nos muíños do Folón de Arriba, Devesa, e Muíño do Benito.

Membros da Asociación Muiñeiros do río Tripes farán demostracións prácticas de cómo os nosos antepasados transformaban o millo en fariña, utilizando os mesmos medios que eles empregaban.

Toda a información desta asociación está en www.muineirosdotripes.blogspot.com   e están tamén presentes no Facebook.

SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023