XXI ROMARÍA "OS NOSOS FARIÑEIROS. BURROS E MUÍÑOS"

Esta páxina irase actualizando con tódalas novidades da Romaría


O domingo 19 de maio de 2024 celebrarase a XXI romaría "Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños"

 

PROGRAMA

Dende ás 09:00 a Treboada Baixo Miño estará anunciando a festa nos barrios próximos de Randufe e Pazos de Reis

10:30 Saída dende a Área Recreativa de Circos cara ao Muíño da Ponte no tradicional desfile

11:00 Pregón a cargo do  Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO)

11:20 Inauguración dunha placa coa partitura da "Muiñeira do Tripes" coa actuación do Grupo Folclórico da Asociación do Traxe Tradicional de Tui

11:45 Comenzarán os obradoiros para os cativos, as demostracións de muíños de man de Alberto "Romer" e as actuacións musicais: pandeireteiras Darraia, grupos de gaitas de Xuntanza e Inquedanzas

14:00 Xantar campestre

15:30 Serán popular a cargo dos músicos asistentes

17:00 Sorteo de premios e entrega de agasallos aos que acudan con vestimenta tradicional

* durante toda a xornada teremos Muíños en funcionamento, Artesanía e Xogos populares


 OFERTA GASTRONÓMICA

Ademáis das empanadas de pan de millo e trigo e as empanadillas, este ano os asistentes poderán degustar chourizo, xamón asado e garavanzos. Todo isto a prezo populares.

De xeito gratuíto, tódolos terán acceso ás tradicionais papas de millo.

A Asociación tamén terá un servicio de venda de bebidas: auga, refrescos, cervexa e viño.

(en breve publicaremos a lista de prezos)

 

 

 





SOCIOS COLABORADORES 2024

SOCIOS COLABORADORES 2024