LENDAS AO SOLPOR NOS MUÍÑOS DO TRIPES 2026

 


A Asociación Muiñeiros do Río Tripes organiza, un ano máis, a ruta nocturna "Lendas ao solpor nos Muíños do Tripes". 

Nesta edición "A Tristura" asolaga aos muiñeiros. Algo aconteceu para que a pena e a preocupación non se vaian das súas cabezas. 

Como habitualmente, este percorrido contará con ambientación e pequenas pezas teatrais que axudarán aos asistentes a entender "A Tristura". 

Inscríbete para coñecer o que ocorreu! (enlace ao formulario) 

 

 
Información de interese:

    • Data:   Sábado, 3 de outubro de 2026

    • Punto de encontro:   Área lúdico recreativa de Chans do Carrasco. (ver localización)

    • Comezo:   20:30 h (entrega de credenciais dende 30 minutos antes)

    • Cota:   8 € (Socios 5 €). Pago a realizar no punto de encontro ao recoller a credencial.

    • Inclúese:   Chocolate con rosca e algunha sorpresa a maiores.

    • Información:   muineirosdotripes@gmail.com  /  676 742 034
 
 
O noso agradecemento aos establecementos que colaboran con nós nesta actividade. Grazas!!!
 

 

SOCIOS COLABORADORES 2026

SOCIOS COLABORADORES 2026