LENDAS AO SOLPOR NOS MUÍÑOS DO TRIPES 2023
Un ano máis a nosa Asociación organiza a ruta nocturna "Lendas ao solpor nos Muíños do Tripes"
Nesta ocasión terá lugar o vindeiro sábado 23 de setembro, dándonos cita na Área Recreativa de Circos (ver localización), onde comenzaremos o percorrido previa acreditación e pago da cota establecida ( Tarifa xeral: 8€ / Tarifa de Socio: 5 €). A entrega de credenciais comezará ás 20:30h.
Organizaremos aos asistentes en varios grupos, que sairán de xeito escalonado, para mellorar o disfrute de todos. O primeiro grupo sairá ás 21h.
Durante o percorrido iremos presenciando diferentes pezas de ambientación e teatralización que envolverá ao público nunha atmosfera interpretativa e inmersiva.
No remate da visita teremos para tódolos asistentes chocolate con rosca, queimada e unha cunca de agasallo.
Para participar é preciso ter feita previamente a inscrición no seguinte formulario: https://forms.gle/aLmLikw7wWhMwmBo8
***Recomendamos acudir con roupa comoda e unha pequena lanterna***
Máis información: muineirosdotripes@gmail.com / 676 742 034