PUBLICACIÓN DAS CANDIDATURAS AOS CARGOS DA XUNTA DIRECTIVA
Como xa tiñamos anunciado o vindeiro martes 4 de xullo celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para renovar varios cargos da nosa directiva.
Consonte ao que establecen os nosos estatutos, no artigo 19, os interesados teñen un prazo máximo para presentar as súas candidaturas. O devandito prazo venceu onte, polo que hoxe facemos pública a listaxe de candidatos.
E son:
- Para o cargo de Presidente: Ricardo Da Silva Diz
- Para o cargo de Vicepresidente: Ricardo Fernando Portela Vilas
- Para o cargo de Vogal 2ª: María del Carmen Giráldez González
A Secretaria fai constar que estes cumplen tódolos requisitos esixidos para poder ser electos, se a Asemblea de Socios así o decide.