LENDAS AO SOLPOR NOS MUÍÑOS DO TRIPES
Tralo éxito da edición do ano pasado, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes volve a organizar a ruta nocturna "Lendas ao solpor nos Muíños do Tripes". Nesta edición haberá novidades, xa que ademais da ambientación e contextualización, realizarase pequenas pezas teatrais en diferentes puntos do percorrido que axudarán aos asistentes a coñecer historias acontecidas neste entorno etnográfico.
Información de interese:
• Data: Sábado, 24 de setembro de 2022
• Punto de encontro: Área recreativa de Circos, Pazos de Reis. (ver localización)
• Comenzo: 21:00 h (entrega de credenciais dende 20 minutos antes)
• Cota: 8 € (Socios 5 €). Pago a realizar no punto de encontro ao recoller a credencial.
• Inclúese: Chocolate con rosca, queimada e cunca de agasallo.