XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NOS MUÍÑOS DO TRIPES

 

Nesta Semana Santa, ao igual que nas anteriores, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes organiza unhas xornadas de portas abertas para todo aquel que queira achegarse ata senda dos muíños do Tripes.

Dende o xoves 14 e ata o domingo 17, os visitantes poderán observar o interior destas construcións tradicionais, tan características da evolución socio-económica de Galicia. Nos 26 muíños presentes na senda, poderase apreciar as súas peculiaridades e diferenzas, e a harmónica adaptación ao terreo e ao entorno.

Ademais, co fin de mellorar a experiencia dos visitantes, organízanse 2 visitas guiadas, que terán lugar o venres 15 e o sábado 16, que partirán do punto de inicio da senda (ver localización) ás 11h. Acompañados dun guía da asociación, os camiñantes irán adentrándose na cultura muiñeira e o seu legado patrimonial. Xa no lugar da Devesa poderán observar un muíño en funcionamento e compartir conversa cun dos nosos muiñeiros.

As visitas guiadas son gratuítas, contan cunha distancia aproximada de 4 quilómetros e medio e realizaranse nun tempo estimado de 3 horas.

Agardámosvos!!!



SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023