ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
Na Asemblea Xeral Ordinaria de 5 de febreiro de 2022 deuse conta da xestión durante os anos 2020 e 2021, xa que o ano anterior non puido celebrarse a Asemblea debido á pandemia do Covid-19.
Fíxose repaso das actividades e iniciativas levadas a cabo, así como os balances económicos, e as actuación previstas para o 2022.
Ao remate da mesma, celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria para a renovación parcial da Xunta Directiva e modificación puntual dos Estatutos.
No tocante á renovación de cargos da Xunta Directiva, foi a seguinte:
NOVOS NOMEAMENTOS:
Ricardo Da Silva Diz (Vicepresidente)
María del Pilar Álvarez Aballe (Secretaria)
Cristian Lago Núñez (Tesoureiro)
Soraya María Rodríguez Martínez (Vogal)
CARGOS SAÍNTES:
Carmen Rodríguez Montes (Vicepresidenta)
Telmo Alfaya Pérez (Secretario)
Francisco Javier Álvarez Rivadulla (Tesoureiro)
Ricardo Da Silva Diz (Vogal)
No referido á modificación puntual dos Estatutos, quedou aprobado engadir no artigo 19º apartado a) o seguinte contido:
“O prazo de presentación de candidatos para renovar a Xunta Directiva deberá presentarse con 5 días de antelación ao día da realización da Asemblea Xeral Extraordinaria.
As candidaturas poderanse presentar no e-mail da asociación ou persoalmente ao secretario.
A publicación dos candidatos a nova Xunta Directiva farase na web da asociación e como mínimo 3 días de antelación a realización da Asemblea Xeral.”
Agradecemos a participación do tódolos presentes na Asemblea. Dámoslle a benvida aos novos cargos e recoñecemos a labor e dedicación dos saíntes, que continuarán a formar parte desta gran familia de muiñeiros.
Facemos extensivo tamén o noso agradecemento a tódalas persoas, socias e socios, que fan posible a nosa organización.
Grazas.