CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
De acordo co adoptado na sesión do pasado 2 de xaneiro pola actual Xunta Directiva da Asociación Muiñeiros do Río Tripes (AMRT), comunícase:
Convocatoria á Asemblea Xeral Ordinaria de socios que terá lugar o sábado 5 de febreiro de 2022 no salón de actos da Casa Cultural de Randufe. As 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria, para tratar a seguinte Orde do Día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Resumen da xestión do ano 2020-2021.
3. Planificación a desenvolver no ano 2022.
4. Balance de situación económica.
5. Socios
6. Rogos e preguntas
Do mesmo xeito, debido a que a actual Xunta Directiva termina o seu mandato o próximo mes de febreiro, transcorridos os catro anos dende a súa elección, deberá procederse á renovación dos cargos seguindo o artigo. 19º dos Estatutos da AMRT, que estipula: “a elección dos cargos da Xunta Directiva do AMRT farase pola Asemblea Xeral Extraordinaria de socios e por un período de 4 anos . Os cargos renovaranse por metade. Na primeira quenda serán renovado o Vicepresidente, o Tesoureiro e un Vocal e na segunda o ano seguinte o Presidente, o Secretario e o outro Vocal", polo que determinouse:
Terminada a Asemblea Xeral Ordinaria, celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria en primeira e única convocatoria, coa seguinte Orde do Día:
1. Renovación dos seguintes cargos da Xunta Directiva: Vicepresidente/a, Tesoureiro/a, e vocal 1º.
2. Modificación nos estatutos. Engadir un novo apartado no artigo 19º denominado: apartado a) e co seguinte contido << O prazo de presentación de candidatos para renovar a Xunta Directiva debera presentarse con 5 días de antelación ao día da realización da Asemblea Xeral Extraordinaria .
As candidaturas poderanse presentar no e-mail da asociación ou persoalmente ao secretario.
A publicación dos candidatos a nova Xunta Directiva farase na web da asociación e como mínimo 3 días de antelación a realización da Asemblea Xeral.>>
A Xunta Directiva