A Asociación Muiñeiros do río Tripes consigue unha subvención para o Mañoco


A pasada semana dábamos conta, a través dunha nota de prensa, da resolución definitiva da Consellería de Cultura y Turismo na que nos concedían unha subvención para o acondicionamento da contorna do Muíño do Mañoco.

Unha subvención incluída na liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (TU501D). A comezos de xullo a Consellería comunicáranos a denegación da axuda por motivos de esgotamento do crédito dispoñible, pero finalmente resolveron concedernos a devandita subvención por contía de 10.000 €, condicionados a ter rematadas as obras na data límite de 15 de novembro de 2020.

Isto supón un paso moi importante cara o obxectivo final da nosa asociación que é restaurar este histórico muíño.

A continuación recollemos a cobertura desta noticia en diferentes medios de comunicación:

 

RADIO MUNICIPAL DE TUI

 


CADENA SER BAIXO MIÑO

 

COUSAS DE


 

 TELEMARIÑAS


 

 INFOMINHO


 

Agradecemos a tódolos medios aquí mencionados a difusión desta noticia, que consideramos de interese para tódolos veciños de Tui e a súa contorna.

 

SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023