Comenzamos os traballos de campo no Muíño do Mañoco

O luns 22 de xuño foi unha data especial para toda a xente que forma a Asociación Muíñeiros do Río Tripes, e tamén para a cidade de Tui. Tralo acordo de cesión do Muíño do Mañoco e a súa parcela, comenzamos os traballos de campo coa vista posta na restauración e posta en valor de este singular emblema do noso patrimonio cultural.

A primeira actuación levouse a cabo con medios propios da asociación e dos nosos socios, que puxeron a súa ferramenta, tempo e esforzo ao servizo deste cometido. Mostrando, unha vez mais, o seu innegable compromiso e solidaridade.



Ademais da necesaria limpeza, comenzouse a inspeccionar os diferentes elementos da construcción e a analizar as necesidades cara a súa restauración.


Esta histórica xornada contou co apoio do Alcade de Tui, Enrique Cabaleiro, e o Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso; ademais dos historiadores Ernesto Iglesias Almeida (Cronista Ofical da Cidade de Tui) e Suso Vila, ambos coñecedores e divulgadores da historia do muíño e a súa contorna. Tamén agradecemos a presenza de D. Santiago Freire amosando o seu apoio e colaboración en representación da Fundación Félix Rodríguez González, que é a titular deste terreo.



Diversos medios de comunicación estiveron presentes no lugar para dar cobertura a esta noticia. A Radio Municipal de Tui, ese mesmo día, incluía nos seus informativos esta peza:



A Revista Cousas De Baixo Miño tamén estivo presente, e así o transmitíu a través das súas redes sociais.

Cousas de Baixo Miño


Outro medio presente foi Faro de Vigo, que na súa edición de 23 de xuño publicaba:

Faro de Vigo


Tamén o día 23, a Cadena Ser Baixo Miño facía un balance desta xornada cunha entrevista ao noso Presidente, Miguel Méndez:


Pola súa banda, o Atlántico Diario, agardou ata o 5 de xullo para publicar este artigo:



A Asociación Muiñeiros do Río Tripes agradece a todos os que colaboraron neste importante día para nós e para o Muíño do Mañoco. Grazas!




SOCIOS COLABORADORES 2023

SOCIOS COLABORADORES 2023