miércoles, 6 de marzo de 2013
XI edición de Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños, (Galiciasuroeste.info)
|
30/04/2012
| ||
XI edición de Os Nosos Fariñeiros, Burros
e Muíños
Reportaxe fotográfica: Belén Romero Castiñeira
Éxito de participación na XI Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños
Eran as 10:30 horas, cando nunha fermosa mañá do domingo de primaveira do presente ano (22/04/2012) comezaba a XI Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos en Pazos de Reis en Tui, podíase apreciar xa que esta edición sería especial pola cantidade de xente que se daba cita, que, coas súas pancartas, vestidos de muiñeiros, amenizaban as priemiras horas desta XI Edición cos seus cantos.
Mentres, no Muiño da Ponte, todo estaba preparado, grazas a tantas persoas, veciños desta contorna e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos, Angustias, Irma, Olga, Juan, Carmen e demais persoas, que dende as sete da mañá non pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saíse á perfección; elas dedicadas os labores da cociña, preparando as papas, a bica, os chourizos; e eles, cos demais traballos para que todo estivese perfecto.
E queremos destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de organización. E contase en mais dun millar de persoas as que participaron nesta XI edición, acercándose ás inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no que pudieron disfrutar dun día fermoso en contacto coa naturaza.
Primeiro tocaba degustar as papas de millo para quentar o corpo, mentres se observaba como Alberto “Romer” obsequiaba aos presentes cunha demostración do funcionamento dos muiños, mentres se escoltabas a actuación do grupo folclórico Muiñeiros do Río Tripes, xa típicos desta romaria, e que tamén estiveron acompañdos pola Xeración do Chupito da Asociación Virxe do Alivio de Tomiño e “os artistas” da Troboada Fonte do Frade de Goián, todo eles con espectaculares actuacións que fixeron as delicias dos asistentes, e cos animados bailes. Tamén tivo lugar, coma outros anos, o concurso do mellor traxe de muiñeiro, partida de brisca, e coma novidade este ano, o concurso de debuxo.
Preto do mediodía os presentes deron bo recado dos chourizos, e panceta á brasa xunto coa bica e o pan de millo, acompañado en todo momento co viño da casa. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos diferentes concursos.
Dende a Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu esforzo, pudieron facer que esta edición se levese a cabo: ao Concello de Tui, á Mancomunidad de Montes de Randufe, a Entidad Menor de Pazos de Reis, as casas comerciais, grupos folclóricos existentes coma os Muiñeiros do Río Tripes, A Xeración do Chupito da Asociación Virxe do Alivio de Tomiño e a Treboada Fonte do Frade de Goián, e medios de comunicación, prensa e a reporteira fotográfica, Belén Romero Castiñeira.
|
http://galiciasuroeste.info/reportaxes2010/xiedicion.htm
"Muiñadas no Tripes" (Galiciasuroeste.info)
|
05/03/2012
| ||
Muiñadas no Tripes
O próximo domingo, 11 de marzo, terá lugar a IV Edición Coñece O Tripes, unha ruta guiada explicativa por todo o sendeiro do río Tripes, organizada pola "Asociación Muiñeiros do Río Tripes", e que terá como guía experto a Alberto Romero, mais conocido pola súa arte coma "Romer". Esta 4ª edición partirá ás 10:30 horas dende o parque de Circos e terá unha duración aproximada dunhas 3 horas, onde os participantes poderán disfrutar dun fermoso entorno natural, rodeados das historias e explicacións que Romer comente sobre como os nosos antepasados utilizaban os muíños do Tripes para os seus laboures diarios. Dende a asociación convocante esperan que esta 4ª edición supere a do ano pasado en participación, e para elo animan a tódalas persoas amantes da natureza, que se acerquen o próximo domingo a esta 4ª Edición de Coñece O Tripes.
Edición do pasado ano
|
http://galiciasuroeste.info/reportaxes2010/polotripes.htm
XI edición de “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” (Galiciasuroeste.info)
|
16/04/2012
| ||
Os nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
O domingo 22 de abril celébrase a XI edición de “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”
O próximo domingo, 22 de abril, terá lugar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, organizada pola Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” que, coma en anos anteriores, terá lugar a carón do Muíño da Ponte, lugar que se encontra dentro do sendeiro dos muíños do Río Tripes. Como novidade desta edición, as obras realizadas permitiron ampliar e mellorar o recinto onde cada ano se celebra esta festa, e que gracias á colaboración económica do Concello de Tui e da Comunidade de Montes de Randufe foi posible habilitar.
Como en anos anteriores programáronse un amplo conxunto de actividades que terán o seu comenzo ás 10.30 horas coa a saída dende o parque de Circos, en Pazos de Reis, ata o Muíño da Ponte. Posteriormente tódolos presentes poderán degustar as tradicionais papas de millo e coñecer coas explicacións do artista Alberto Romer, as partes que compoñen un muíño, saber como os nosos antepasados utilizaban estes medios para os seus labores, e grazas ao esforzo que a Asociación “Muiñeiros do río Tripes” que preside Romer, disfrutar deste entorno no que as xestións que realiza este colectivo teñen como obxectivo a rehabilitación do maior número de muiños posibles e do sendeiro en xeral, para lograr que esta contorna sexa un lugar de referencia para o turismo da comarca.
Despois das papas, virán as castañas, a bica e os típicos xogos tradicionais, tute, brisca e carreira de sacos, por citar algúns. Preto das 14.00 horas, procederase a degustar unha chourizada, acompañada dun viño do país, e todo ofrecido de valde para tódalas persoas que decidan disfrutar esta fermosa contorna do “Sendeiro do Rio Tripes” a carón do Parque Natural do Monte Aloia. E para finalizar entregaranse os premios e agasallos a tódolos participantes nas actividades.
Tamén resaltan, desde a organización, que esta romaría estará amenizada en todo momento polo grupo folclórico “Muiñeiros do Río Tripes”, coas súas cancións típicas tradicionais galegas, pero cun “toque persoal” que sen dúbida, non pasará desapercibido para ninguén.
Para finalizar animan a tódalas persoas, a que o domingo, 22 de abril, se animen a achegarse ó sendeiro do río Tripes para celebrar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, rodeados de natureza e dunha fermosa paraxe ó carón do parque natural do Monte Aloia.
|
Asociación cultural Muiñeiros do Río Tripes Espazos para compartir a vida Alberto Romer ( La Voz de Galicia)
OPINIÓNAsociación cultural Muiñeiros do Río TripesEspazos para compartir a vida
- Alberto Romer
- 15/12/201115/12/2011
En todo o municipio de Tui habería máis de cen muíños dispersos polas parroquias pero a contaminación, a falta de mantemento e edificacións posteriores reduciron o catálogo a menos da metade. ¿Pero onde hai en Galicia outro conxunto de muíños a traballar facendo fariña como os seis do río Tripes?
É un conxunto único e peculiar polo que levamos traballando na asociación cultural Muíños do río Tripes oito anos. No seu cauce quédannos uns vintecinco muíños de auga dunha antigüidade media de 250 anos, e algún resto de construción datado no 1747. O que hoxe se reinaugura, o Fuchaco Pequeno, ha ter tamén máis de cento cincuenta anos, a súa rehabilitación é fidedigna e é o sétimo a moer de Tui. Hai case medio século que estes inxenios deixaran de traballar porque quedaron no olvido coa chegada da electricidade e a marcha dos emigrantes que tiveron que buscar futuro fóra.
Pero aínda hai moito que facer si se consiguen os medios. Eu recuperei un só, o da Devesa de Abaixo, en Randufe e agora temos por diante refacer e asegurar catro estructuras, aínda que sen tellado, na parte máis bonita do río Tripes, para completar a ruta. Eu son un namorado deste patrimonio, sempre me gustou. Ía de neno coa finada da miña nai que me levaba para que aprendera e se moía cada oito días, para facer, papas, petelos de pan de millo e manter o gando. Máis de medio millar de escolares comeron papas o ano pasado nos muíños do Tripes, veñen excursións de toda España e grupos de extranxeiros. É o patrimonio a recuperar; espazos nos que ademáis se comparte a vida; como foi.
X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños (galiciasuroeste.info)
|
05/04/2011
| ||
X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
Reportaxe: Gemma Álvarez, Alejandro e Sergio López
Éxito de participación na X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños
Eran as 10:30 horas, cando nunha fermosa mañá do primeiro domingo desta primaveira comezaba a X Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos, en Pazos de Reis, en Tui. Alí podíase apreciar xa que esta edición sería especial, pola cantidade de xente que se deu cita, que, coas súas pancartas, vestidos de muiñeiros/as, comezaban a amenizar esta X Edición cos seus cantos.
Mentres, no Muiño da Ponte todo estaba xa preparado, gracias a tódalas persoas, veciños deste entorno e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos, Angustias, Irma, Olga e demais persoas que dende as sete da mañá non pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saíse a perfección; elas dedicadas os labores da cociña, preparando as papas, bica e chourizos; e eles as castañas, e demais traballos para que todo estivese perfecto. Ademais nesta X Edición estreábase un novo palco, despois das obras realizadas este ano.
Queremos destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de organización. Era a primeira vez que esta romaría se celebraba na primavera, cando dende o seu comenzo sempre tivo lugar no outono. Centos de persoas ían acercándose ás inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no que pudieron disfrutar dun día fermoso en contacto coa natureza.
Primeiro tocaba degustar as papas de millo para quentalo corpo, mentras se observaba como Alberto “Romer” nos obsequiaba cunha demostración de como funcionaban os muiños da Devesa. Despois viñeron as castañas e o viño do país, mentres se escoltaba a actuación do grupo folclórico Muiñeiros do Río Tripes. Deseguido tocou o turno para as carreiras de sacos e outros xogos populares para os máis cativos. Tamén tivo lugar, coma outros anos, o concurso do mellor traxe de muiñeiro e muiñeira, partida de brisca e outros xogos e actividades.
Xa preto do mediodía tódolos alí presentes deron bo recado dos chourizos á brasa xunto coa bica e pan de millo. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos diferentes concursos celebrados ao largo deste día.
Dende a Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu esforzo, pudieron facer que esta edición se poidese levar a cabo, ao Concello de Tui, a Mancomunidade de Montes de Randufe e Entidad Menor de Pazos de Reis, as casas comerciais, medios de comunicación, prensa, facendo especial mención a Antón Ferreira de www.galiciasuroeste.info e os reporteiros fotográficos, Genma Álvarez e Alejandro e Sergio López.
|
http://www.galiciasuroeste.info/reportaxes2010/burros.htm
martes, 5 de marzo de 2013
Alberto Romero Rodríguez, “Romer”,iniciador da romaría dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños e promotor da Asociación Muiñeiros do ´Río Tripes, de Tui. (Galiciasuroeste.info)
|
http://www.galiciasuroeste.info/romer.htm
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















































