Portada

Portada
Asociación de Muiñeiros do Río Tripes

miércoles, 6 de marzo de 2013

XI edición de Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños, (Galiciasuroeste.info)


30/04/2012
   
    
XI edición de Os Nosos Fariñeiros, Burros
e Muíños
Reportaxe fotográfica: Belén Romero Castiñeira

  
Éxito de participación na XI Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños


Eran as 10:30 horas, cando nunha fermosa mañá do domingo de primaveira do presente ano (22/04/2012) comezaba a XI Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos en Pazos de Reis en Tui, podíase apreciar xa que esta edición sería especial pola cantidade de xente que se daba cita, que, coas súas pancartas, vestidos de muiñeiros, amenizaban as priemiras horas desta XI Edición cos seus cantos.
Mentres, no Muiño da Ponte, todo estaba preparado, grazas a tantas persoas, veciños desta contorna e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos,  Angustias, Irma, Olga, Juan, Carmen e demais persoas, que dende as sete da mañá non pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saíse á perfección; elas dedicadas os labores da cociña, preparando as papas, a bica, os chourizos; e eles, cos demais traballos para que todo estivese perfecto.
E queremos destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de organización. E contase en mais dun millar de persoas as que participaron nesta XI edición, acercándose ás inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no que pudieron disfrutar dun día fermoso en contacto coa naturaza.
Primeiro tocaba degustar as papas de millo para quentar o corpo, mentres se observaba como Alberto “Romer” obsequiaba aos presentes cunha demostración do funcionamento dos muiños,  mentres se escoltabas a actuación do grupo folclórico Muiñeiros do Río Tripes, xa típicos desta romaria, e que tamén estiveron acompañdos pola Xeración do Chupito da Asociación Virxe do Alivio de Tomiño e “os artistas” da Troboada Fonte do Frade de Goián, todo eles con espectaculares actuacións que fixeron as delicias dos asistentes, e cos animados bailes.  Tamén  tivo lugar, coma outros anos, o concurso do mellor traxe de muiñeiro, partida de brisca, e coma novidade este ano, o concurso de debuxo.
Preto do mediodía os presentes deron bo recado dos chourizos, e panceta á brasa xunto coa bica e o pan de millo, acompañado en todo momento co viño da casa. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos diferentes concursos.
Dende a Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu esforzo, pudieron facer que esta edición se levese a cabo: ao Concello de Tui, á Mancomunidad de Montes de Randufe, a Entidad Menor de Pazos de Reis, as casas comerciais, grupos folclóricos existentes coma os Muiñeiros do Río Tripes, A Xeración do Chupito da Asociación Virxe do Alivio de Tomiño e a Treboada Fonte do Frade de Goián, e medios de comunicación,  prensa e a reporteira fotográfica, Belén Romero Castiñeira.
















http://galiciasuroeste.info/reportaxes2010/xiedicion.htm

"Muiñadas no Tripes" (Galiciasuroeste.info)


05/03/2012
   
    
Muiñadas no Tripes

          O próximo domingo, 11 de marzo, terá lugar a IV Edición Coñece O Tripes, unha ruta guiada explicativa por todo o sendeiro do río Tripes, organizada pola "Asociación Muiñeiros do Río Tripes", e que terá como guía experto a Alberto Romero, mais conocido pola súa  arte coma "Romer". Esta 4ª edición partirá ás 10:30 horas dende o parque de Circos e terá unha duración aproximada dunhas 3 horas, onde os participantes poderán disfrutar dun fermoso entorno natural, rodeados das historias e explicacións que Romer comente sobre como os nosos antepasados utilizaban os muíños do Tripes para os seus laboures diarios. Dende a asociación convocante esperan que esta 4ª edición supere a do ano pasado en participación, e para elo animan a tódalas persoas amantes da natureza, que se acerquen o próximo domingo a esta 4ª Edición de Coñece O Tripes.
 
 Edición do pasado ano


















http://galiciasuroeste.info/reportaxes2010/polotripes.htm

XI edición de “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” (Galiciasuroeste.info)

16/04/2012
   
    
Os nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
    
O domingo 22 de abril celébrase a XI edición de “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”


            O próximo domingo, 22 de abril, terá lugar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, organizada pola Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” que, coma en anos anteriores, terá lugar a carón do Muíño da Ponte, lugar que se encontra dentro do sendeiro dos muíños do Río Tripes. Como novidade desta edición, as obras realizadas permitiron ampliar e mellorar o recinto onde cada ano se celebra esta festa, e que gracias á colaboración económica do Concello de Tui e da Comunidade de Montes de Randufe foi posible habilitar.
            Como en anos anteriores programáronse un amplo conxunto de actividades que terán o seu comenzo ás 10.30 horas coa a saída dende o parque de Circos, en Pazos de Reis, ata o Muíño da Ponte. Posteriormente tódolos presentes poderán degustar as tradicionais papas de millo e coñecer coas explicacións do artista Alberto Romer, as partes que compoñen un muíño, saber como os nosos antepasados utilizaban estes medios para os seus labores, e grazas ao esforzo que a Asociación “Muiñeiros do río Tripes” que preside Romer, disfrutar deste entorno no que as xestións que realiza este colectivo teñen como obxectivo a rehabilitación do maior número de muiños posibles e do sendeiro en xeral, para lograr que esta contorna  sexa un lugar de referencia para o turismo da comarca.
            Despois das papas, virán as castañas, a bica e os típicos xogos tradicionais, tute, brisca e carreira de sacos, por citar algúns. Preto das 14.00 horas, procederase a degustar unha chourizada, acompañada dun viño do país, e todo ofrecido de valde para tódalas persoas que decidan disfrutar esta fermosa contorna do “Sendeiro do Rio Tripes” a carón do Parque Natural do Monte Aloia. E para finalizar entregaranse os premios e agasallos a tódolos participantes nas actividades.
            Tamén resaltan, desde a organización, que esta romaría estará amenizada en todo momento polo grupo folclórico “Muiñeiros do Río Tripes”, coas súas cancións típicas tradicionais galegas, pero cun “toque persoal” que sen dúbida, non pasará desapercibido para ninguén.
            Para finalizar animan a tódalas persoas, a que o domingo, 22 de abril, se animen a achegarse ó sendeiro do río Tripes para celebrar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, rodeados de natureza e dunha fermosa paraxe ó carón do parque natural do Monte Aloia.











Asociación cultural Muiñeiros do Río Tripes Espazos para compartir a vida Alberto Romer ( La Voz de Galicia)


OPINIÓNAsociación cultural Muiñeiros do Río TripesEspazos para compartir a vida

Alberto Romer
 
15/12/201115/12/2011
  • (0 votos)
En todo o municipio de Tui habería máis de cen muíños dispersos polas parroquias pero a contaminación, a falta de mantemento e edificacións posteriores reduciron o catálogo a menos da metade. ¿Pero onde hai en Galicia outro conxunto de muíños a traballar facendo fariña como os seis do río Tripes?
É un conxunto único e peculiar polo que levamos traballando na asociación cultural Muíños do río Tripes oito anos. No seu cauce quédannos uns vintecinco muíños de auga dunha antigüidade media de 250 anos, e algún resto de construción datado no 1747. O que hoxe se reinaugura, o Fuchaco Pequeno, ha ter tamén máis de cento cincuenta anos, a súa rehabilitación é fidedigna e é o sétimo a moer de Tui. Hai case medio século que estes inxenios deixaran de traballar porque quedaron no olvido coa chegada da electricidade e a marcha dos emigrantes que tiveron que buscar futuro fóra.
Pero aínda hai moito que facer si se consiguen os medios. Eu recuperei un só, o da Devesa de Abaixo, en Randufe e agora temos por diante refacer e asegurar catro estructuras, aínda que sen tellado, na parte máis bonita do río Tripes, para completar a ruta. Eu son un namorado deste patrimonio, sempre me gustou. Ía de neno coa finada da miña nai que me levaba para que aprendera e se moía cada oito días, para facer, papas, petelos de pan de millo e manter o gando. Máis de medio millar de escolares comeron papas o ano pasado nos muíños do Tripes, veñen excursións de toda España e grupos de extranxeiros. É o patrimonio a recuperar; espazos nos que ademáis se comparte a vida; como foi.

X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños (galiciasuroeste.info)

05/04/2011
   
    
X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
Reportaxe: Gemma Álvarez, Alejandro e Sergio López



Éxito de participación na X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños
Eran as 10:30 horas, cando nunha fermosa mañá do primeiro domingo desta primaveira comezaba a X Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos, en Pazos de Reis, en Tui. Alí podíase apreciar xa que esta edición sería especial, pola cantidade de xente que se deu cita, que, coas súas pancartas, vestidos de muiñeiros/as, comezaban a amenizar esta X Edición cos seus cantos.
Mentres, no Muiño da Ponte todo estaba xa preparado, gracias a tódalas persoas, veciños deste entorno e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos,  Angustias, Irma, Olga e demais persoas que dende as sete da mañá non pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saíse a perfección; elas dedicadas os labores da cociña, preparando as papas, bica e chourizos; e eles as castañas, e demais traballos para que todo estivese perfecto. Ademais nesta X Edición estreábase un novo palco, despois das obras realizadas este ano.
Queremos destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de organización. Era a primeira vez que esta romaría se celebraba na primavera, cando dende o seu comenzo sempre tivo lugar no outono. Centos de persoas ían acercándose ás inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no que pudieron disfrutar dun día fermoso en contacto coa natureza.
Primeiro tocaba degustar as papas de millo para quentalo corpo, mentras se observaba como Alberto “Romer” nos obsequiaba cunha demostración de como funcionaban os muiños da Devesa. Despois  viñeron as castañas e o viño do país, mentres se escoltaba a actuación do grupo folclórico Muiñeiros do Río Tripes. Deseguido  tocou o turno para as  carreiras de sacos e outros xogos populares para os máis  cativos. Tamén  tivo lugar, coma outros anos, o concurso do mellor traxe de muiñeiro e muiñeira, partida de brisca e outros xogos e actividades.
Xa preto do mediodía tódolos alí presentes deron bo recado dos chourizos á brasa xunto coa bica e pan de millo. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos diferentes concursos celebrados ao largo deste día.
Dende a Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu esforzo, pudieron facer que esta edición se poidese levar a cabo, ao Concello de Tui, a Mancomunidade de Montes de Randufe e Entidad Menor de Pazos de Reis, as casas comerciais,  medios de comunicación, prensa,  facendo especial mención a Antón Ferreira de www.galiciasuroeste.info e os reporteiros fotográficos, Genma Álvarez e Alejandro e Sergio López.


















http://www.galiciasuroeste.info/reportaxes2010/burros.htm

martes, 5 de marzo de 2013

Alberto Romero Rodríguez, “Romer”,iniciador da romaría dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños e promotor da Asociación Muiñeiros do ´Río Tripes, de Tui. (Galiciasuroeste.info)



galiciasuroeste                                             Alberto Romero Rodríguez "Romer"


Alberto Romero Rodríguez, “Romer”, foi o iniciador da romaría dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños e promotor da Asociación Muiñeiros do ´Río Tripes, de Tui. A súa relación cos muíños ten máis de cincuenta anos, cando de cativo acompañaba á súa nai ao muíño da Devesa para moer. Estivemos con Romer para que nos contase os seus recordos e a súa teima cos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños, as súas inquedanzas polos muíños do Tripes...




¿Qué relación ten Alberto Romero “Romer” cos muiños para que o seu interese se concentrase nesta parte do patrimonio?
A miña relación cos muiños xa vén moito de antano. Os meus pais e avós tiñan moitas terras e había moitos animais no eido; quentábase o forno cada dez días para ter pan para comer e necesitábase fariña para os animais, motivo polo cal moi a miúdo había que ir a moer.
Cando tiña 9 anos xa escomecei a ir coa finada da miña nai a moer; ela explicábame coma había que facer para que a fariña saíse ben muidiña para máis adiante, ir eu só a moer ó muíño.
Tamén andiven algo co “Compostor” a arranxar algún muíño. Eu axudáballe no que podía, e facíalle compaña.
Fai dez anos escomecei a facer a romaría do burro fariñeiro e do muíño. Nese intre aínda non existía a asociación, pero o día no que se celebraba a romaría, algunhas mulleres e homes axudábanme a facer a festa.
O muíño Devesa de Abaixo, era onde eu ía a moer cando aínda andaba na escola; son moitos os recordos que teño dese muiño e sen darse un conta, xa pasaron máis de 50 anos dende aquela. E fai algúns anos conseguín por fin arranxalo e sacar esa mágoa que tiña enriba.

Como, e por qué xorde a creación da Asociación Muiñeiros do Río Tripes?
Coma che estaba contando, xa co muíño Devesa rehabilitado e preparado para traballar, pensei que tamén había que polo a moer, o da Devesa e algúns máis situados o carón do sendeiro do río Tripes. Entón penséi que o mellor era crear unha asociación, para que entre todos se poidesen facer máis traballos neste fermoso entorno que temos a sorte de ter preto de nós. Dese xeito naceu a asociación “Muiñeiros do Río Tripes”

De cando estamos a falar cando mencionamos a creación deste colectivo?
Despois de moitas conversas con persoas afins a min, veciños, amigos, sobre a idea que eu levaba madurando dende facía algún tempo, constituiuse a asociacón en decembro do ano 2007.
Nestes momentos, cantos integrantes ten a Asociacón? Aboan algunha cuota?
Agora mesmo a asociación conta con persoas suficientes para levar a cabo os proxectos que temos por diante, aínda que temos pensado integrar máis peroas na directiva para dese xeito poder repartir máis os traballos. Esta asociación conta con máis dun centenar de socios, que aboan 10 euros ao ano. Quero dende aquí aproveitar a ocasión para facer un chamamento para que calquera persoa, ben sexa do concello de Tui, coma do seus arredores, que lle guste a natureza, que se acerque polo sendeiro do río Tripes para que poidan ollar o que estamos a facer e de paso poder disfrutar deste fermoso entorno. Ademais, se algunha quere facerse socio ou quere participar dos nosos labores, pode dirixirse ao noso correo electrónico muineirosdotripes@hotmail.com, pondo os seus datos e un teléfono e porémonos en contacto con ela. Aproveitando todo isto quero indicar que está en estudo a creación dunha páxina ou blog propio en Internet para a difusión de tódalas cousas que dende esta asociación se están a facer.



Supoñemos que dende a sua creación, Alberto Romero “Romer” é quen a  preside. Tivo outros presidentes este colectivo?
Efectivamente todos estes anos, teño a honra de presidir esta asociación, ata cando, non o sei.

Imos cambiar de contido. De cantos muíños falamos cando nos referimos ao sendeiro do Río Tripes?
Falando do número de muiños, teño que decir que fai 50 anos había 40 muíños, dende o lugar que se chama “As Cancelas”, que é o nome da zona mais alta do sendeiro do río Tripes ata a desembocadura co río Miño. Nesta asociación que me honro presidir, preocupámonos de 25 muiños, porque os 15 restantes que se atopan na parte baixa de Tui, son muíños de maquía, dun só dono, e onde na maioría dos casos o muíño xa non é muiño, xa que o transformaron nunha adega, nun galiñeiro ou noutra cousa calquera. Tamén algunha xente pertencente a esta parte baixa de Tui, non levaron o río ao carón da súa casa porque non pudieron con él.
Esta asociación está comprometida cos 25 muiños que en parte pertencen ás parroquias de Randufe e Pazos de Reis. O río Tripes xunta a estas dúas parroquias neste percorrido dos 25 muiños, e onde se poden ollar entre outras, as herbas de San Xoán, as fermosas carballeiras, flora e fauna e ata se pode beber a auga deste río pola súa transparencia e limpeza.

Dende os inicios da asociación, ata a actualidade, en que grao de conservación están actualmente os muíños que percorre o sendeiro?
Nestes intres temos 5 muiños facendo fariña; imos pór outro máis a moer nos vindeiros meses, e os restantes precisan ainda dalgúns arranxos importantes.

Qué melloras se produciron neste entorno e que é o que quixeran conseguir nun futuro inmediato para este espazo?
As melloras que se fixeron neste entorno foron, en primeiro lugar, a moita limpeza que houbo que realizar no entorno dos muíños xa que practicamente estaban ocultos pola maleza. Tamén se fixo limpeza do sendeiro. O 24 de xaneiro do 2009 puxemos a moer o muíño da Devesa de Arriba, puxemos grades en tódolos cubos dos muíños para que ningún animal ou rapaz puidese caír dentro, arranxamo un pouco o muíño de Tia Ana, baleirouse o cubo do muíño do Branco que sempre estivo cheo de pedras  e terra, arranxamos o camiño que vai ata o muíño da Ponte, limpamos algunhas levadas ou canles, puxemos portas a moitos muíños que xa tiñan tellado, sacamos algún rodicio dalgún muíño para que non o roubasen, ampliamos o espazo onde facemos a Romaria. Tamén fixemos un mirador enriba dunha rocha imitando a sobreira para que non contraste co entorno. Fixéronse unhas xornadas de muiñadas durante todo o día 20 de febreiro do 2011, os nenos dos colexios de Tui asistiron os dias 21 e 25 de marzo a unhas xornadas de sendeirismo e muiñadas, organizouse a III Edición de “Coñece O Tripes” que é unha Ruta guiada explicativa onde lles contamos a tódolos que asistan, non só por onde transcorre o sendeiro, senón que lles falamos tamén da historia que rodea tanto ó sendeiro coma ós muíños que nel están. Durante todo o ano facemos moitas muiñadas e moitas xornadas de sendeirismo tanto con colexios coma con grupos de persoas. Os nenos dos colexios que veñen os muíños do río Tripes, charlamos con eles e lles falamos primeiro do río, onde nace, onde desemboca, afluentes, peiraos, número de muíños, etc, e asemade se lles explica todo o relacionado co muíño, partes, funcionamento, historia do muíño e tamén se lles fala do millo do país, dende que se sementa ata que se converte en fariña. Ademais conseguiuse acondicionar o sendeiro cunha ponte de madeira nova, de balaustradas de madeira, grazas á colaboración que neste caso nos deron os membros que representan  ao parque natural do Monte Aloia. Nun futuro inmediato será necesario limpar as levadas ou canles que levan máis de 50 anos sen limpar, queremos recuperar os terreos que pertencen os muíños, que a auga volte a pasar polar torneiras, polos cubos, polos aliviadeiros, e a construcción dunhas cuantas pontes máis para cruzar o río en determinadas zonas nas que hoxe en día ainda non é posible cruzar. Referente a todo isto temos proxectado facer as xestións necesarias para conseguir unha partida importante de cartos para proceder á rehabilitación tanto dos restos dos muíños do Río Tripes, coma dotar a este sendeiro das indicacións, señalizacións e estado para que sexa un referente para a visita de todo aquel que queira disfrutar deste fermoso entorno.

Hai 10 anos organizouse, en outono a 1ª edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños, pasando nesta última edición, supoñemos que por cuestións climatolóxicas, á relizarse en primavera. ¿Observan que este cambio favoreceu a presenza de máis participantes ca outros anos?
Quero decir que esta romaría nos muíños facíase no outono, pero a climatoloxía non nos axudaba moito nos últimos anos, polo que decidimos probar este ano a facela na primaveira. Consideramos que este cambio favoreceu positivamente a participación respecto de anos anteriores. Polos cálculo que fixemos, deberon de pasar na romaría de 2011 entorno ás 1.000 persoas que foron aproximadamente as racións que se serviron.

¿Qué sensacións perciben na xente que asiste a esta romaría?
Pois que as persoas que veñen a esta romaria voltan a recordar o run, run do muíño, o soar do río, o cheiro da fariña. Tamén  se lembran dos “carreiros” por onde fai tempo pasaban eles a moer cando eran rapaces. E lémbranse dos petelos de pan de millo, da vica, das papas, da bola manchada, etc.

Organizar este encontro nos muíños require colaboracións, tempo e moitas dotes de sacrificio. Pero precísanse tamén apoios económicos. Con que axudas contan para organizar esta festa e sufragar o seu custe?. Non sei se se pode valorar o gasto que ten este encontro…
Para sufragar o custe desta romaria, contamos coa colaboraicón das casas comerciais e empresas que xunto co Concello de Tui e a Mancomunidad de Montes de Randufe entre outros, e socios nos axudan ben económicamente ou dándonos por exemplo pan, chourizos, viño, castañas, que fan posible o encontro.
Queremos resaltar que nesta romaria, as racións que se reparten tanto de papas, vica, castañas e chourizada acompañada do viño do país, son gratuitas para tódolos presentes, xa que non nos parece xusto ca xente pague o que as casas comercias nos dan.

Pódese falar dunha cita cos muíños consolidada no calendario de eventos no municipio de Tui?
Esta festa ou romaria, co paso dos anos, vaise consolidando, porque é distinta ás demais. Só a gaita galega e as ras do río se encargan de amenizar a festa.

Para rematar, desexa “Romer” engadir algo máis?
Só engadir que a  Asociación Muiñeiros do Río Tripes ten un grupo folclórico co mesmo nome e que está englobado dentro da mesma asociación.
Dende esta asociación seguimos reclamando axudas das institucións para poder mellorar este fermoso entorno que temos aquí á nosa beira. Tamén sería convinte nun curto prazo contar con máis paneis informativos onde figure a riqueza que temos de flora e fauna, así coma de señalizacións por todo o sendeiro para non perderse nel.
A Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”, quere darlle as gracias a tódalas casas comerciais e demais entidades, socios, veciños do entorno, pola súa colaboración, e así poder mellorar este hermoso lugar, e queremos agradecer a Antón Ferreira a difusión que fai desta nosa romaria. Esta asociación cho agradece.



Agosto, 2011




http://www.galiciasuroeste.info/romer.htm

domingo, 3 de marzo de 2013

Presentación Asociación “Muiñeiros do Río Tripes”

A Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como ámbito a provincia de Pontevedra, desenvolvendo as súas actividades primordialmente no sendeiro do río Tripes na localidade de Tui.

A Asociación constiuise en decembro do ano 2007, e os fins principias da asociación son: a promoción de accións de fomento do patrimonio cultural do entorno etnográfico, arquitectónico e paixaxístico do río Tripes (Tui), a divulgación e difusión da flora e fauna do entorno dos Muiños do río Tripes e o fomento do folclore tradicional. 

 Para o logro destes fins, as actividades da asociación van encaminadas a :

1- Realización de actividades de carácter cultural, didáctico ou científico orientadas á promoción do patrimonio integrado polo conxunto de Muíños do río Tripes e a arquitectura tradicional.

2- Realización de labores de investigación, e estudo da flora e fauna do entorno do Tripes

3- Promoción de rutas guiadas de senderismo polo entorno do río Tripes con paneis informativos.

4- Fomento de intercambios folclóricos e colaboracións con asociacións semellantes.

5- Recuperacións de cantigas antergas, celebracións de “seráns” por parte do grupo folclórico integrado na asociación “Muiñeiros do río Tripes”.

6- Prestar a axuda precisa o grupo folclórico en todo aquello que a xunta directiva considere necesario.

7- Edición de publicacións relacionadas cos fins da asociación.

8- Adquisición e realización de doazóns ou depósitos de obxetos de interese cultural, ou utilidade didáctica 

e todas aquelas actividades que poidan contribuir co patrimonio cultural do entorno do río Tripes.