Portada

Portada
Asociación de Muiñeiros do Río Tripes

lunes, 29 de octubre de 2018

Resolución de inscrición de xunta directiva

Asunto: Resolución de inscrición de xunta directiva.

Con data 28 de agosto de 2018 recibiuse solicitude de inscrición da modificación da xunta directiva,
fonnr¡lada por Miguel Méndez Moreira en nome e representación da Asociación Muiñeiros do Río Tripes,
inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, co núm. 2008/011563-
lu, e tendo en conta os seguintes FEITOS:

Primeiro. Xunto coa solicitude presentouse acta ou certificación do acordo adoptado pola asemblea xeral da
asociación de 0910212018, na que consta a identidade dos novos tituiares da xunta directiva ou órgano de
representación da entidade, e os seus respectivos cargosl coa seguinte composición:
ORGANO DE GOBERNO NOME E APELIDOS

PRESIDENTE MIGUEL MENDEZ MOREIRA
VICEPRESIDENTA CARMEN RODRIGUEZ MONTES
SECRETARIO TELMO ALFAYA PERE,Z
TESOUREIRO FRANCISCO JAVIER ALVAREZ RIVADULLA
VOGAL RICARDO DA SILVA DIZ
VOGAL EVA CAE]ROS MENDE,Z

CONSIDERAC]ÓNS LEGAIS

Primeiro. O arligo 22 da Constitución española recoñece o dereito de asociación, a Lei orgánica I12002, do
22 de marzo reguladora do dereito de asociación, recoñece e regula o ciereito de asociación e o Real decreto 94912015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións,
establece os requisitos substantivos e de carácter formal que deben cumprir este tipo de entidades para seren
inscritas.

Segundo.O Decreto 33611996, do 13 de seterrbro, da Xunta de Galicia, sobre asunción de funcións e
servizos pola Comunidade Ar,rtónoma de Galicia en materia de asociacións, e o Decreto 27611991 , do 25 de
setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e o funcionamento
dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, determinan a competencia rexistral desta Administración en materia de asociacións.

Terceiro. En aplicación desta normativa, unha vez examinada a documentación incorporada ao expediente,
considérase que cumpre os requisitos establecidos na normativa para a súa inscrición no Rexistro de
Asociacións da Comunidade Autónoma.

Cuarto. O xefe/a Territorial de Pontevedra é competente para resolver este procedemento, en viftude do
Decreto 1412018, do 5 de xullo, polo qr"re se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e

Consellería
de Presidencia. Adrninistracións Públicas e Xustiza.
Vistos os preceptos legais citados e demais normas de xeral aplicación, RESoLVo:
Inscribir os titulares da xunta directiva ou órgano de representación da Asociación Muiñeiros do Río Tripes
de conformidade co expresado no feito primeiro desta resolución, e depositar no Rexistro a documentación
preceptiva para os electos de publicidade previstos no afiigo 22 da Constitución. E,sta inscrición non exonera
os interesados do cumprimento da normativa vixente reguladora das actividades necesarias para o
desenvolvemento dos fins estatutarios.
Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o
vicepresider,te e conselleiro de Presidencia, Administracións Pilblicas e Xustiza, no prazo dun mes, de
acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro. do procedemento administrativo común das
administracións públicas (BOE, n'236 do 2 de outubro cie 20i5).
Pontevedra, 15 de outr,rbro de 201 8
A xefa territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, administracións públicas e xustiza
Marta Mariño Regueiro

documento 

lunes, 1 de octubre de 2018

MOINHOS DE BOIVÃO E CASTELO DE FRAIãO ou CASTELO DAS FURNAS




MOINHOS DE BOIVÃO
 E
     CASTELO DE FRAIãO
 ou
       CASTELO DAS FURNAS






Os “Moinhos”


Como sucede na nosa terra os muíños da freguesía de boivão teñen xeralmente varios donos, son os denominados “muíños de Herdeiros”. Tamén comprobamos que o seu deseño e funcionamento non se diferencia aos que podemos observar nesta marxe do río.
Consérvanse 18 muíños, non todos en bo estado. Algúns deles unicamente conservan parte dos seus muros. Outros en cambio están mellor conservados e aínda conservan unha das partes mais sensibles ao paso do tempo,o seu rodício.
A Xunta da freguesía contempla 16 muíños cos seus correspondentes nomes. A Xunta de Freguesía colocoulle a cada muíño unha placa de madeira gravada co seu nome . Nas nosas visitas xa so quedaban 9 placas de madeira.   
Nos contamos 18 muíños e coas achegas da Xunta da Freguesía e as dun veciño, o señor Porfírio, temos un total de 19 nomes diferentes para os muíños .

...  

Seguir lendo o documento enteiro en ... 
MOINHOS DE BOIVÃO E CASTELO DE FRAIãO ou CASTELO DAS FURNAS



Os nomes dos muíños son os 

lunes, 30 de abril de 2018

LEMBRAR Mańá día 1 de Maio 2018, celebramos a XVII Romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e muińos.

LEMBRAR Mańá día 1 de Maio 2018, celebramos a XVII Romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e muińos.

Saíndo as 10:30 hrs dende o parque infantil de Circos (Pazo de Reis), ata o Muiño da Ponte. 

Äs 11:00 hrs haberá muiñada e degustación de papas de millo. 

Nesta edición teremos muiños traballando e moendo ó longo de sendeiro e actividades coma xogos populares: chave, ra, brisca, ... e moita música tradicional.

A 14:00 hrs. haberá degustación gastronómica e xantar campestre. 

Sobor das 15.30 hrs haberá un Serán de música tradicional con Xuntanza (Randufe), Inquedanzas (Pazos de Reis) e Arume (Malvas).

Tamén unha entrega de premios e agasallos.

Amáis este ano engadimos outra actividade o Domingo 6 de Maio: Roteiro polo río Tripes con saída as 10:00 hrs dendo o muiño S. Benito, Eirado (Pazos de Reis). Percorreremos 25 muiños do río Tripes cunha pequena charla sobre a etnografía.
Distancia 5 km. e dificultade baixa.

Agardamos contar ca súa presenza na Festa,

Adxuntamos neste email o programa da festa por se poden comunicala no seu medio,

Reciban un cordial saúdo,

Asociación Muiñeiros do Tripes.